INFORMACIÓN METEOROLÓXICA

Benestar social e participación cidadá

O programa proporciona ás persoas, colectivos e centros de ensinanza, espazos libres e alternativos que lles permitan desenrolar acadas actividades físicas e mentais en contacto coa natureza, mellorando a súa calidade de vida e fomentando unha alimentación e hábitos de vida saudables.

Formación e progreso persoal

A través das actividades didácticas de carácter externo e interno, procúrase ofrecer aos usuarios os coñecementos necesarios sobre boas prácticas agrícolas, enfocadas nas bases da agricultura ecolóxica onde tamén se contempla o aproveitamento dos residuos orgánicos -aforro de auga, manexos tradicionais e fomento do uso de variedades locais-. Asemade a promoción da horticultura didáctica de cara a comunidade educativa.

Coñecemento e coidado da natureza

As liñas de actuación van encamiñadas a fomentar a participación cidadá para impulsar un maior coñecemento e respecto polo "Medio Ambiente" e, xerar espazos de biodiversidade baixo firmes criterios de desenvolvemento sostible.

Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro

MÁIS REFRÁNS DOS HORTOS

Os “Hortos Urbanos do Paseo do Rato”, forman parte dun programa estratéxico e participativo do “Servicio de Medio Ambiente da Deputación Provincial de Lugo”. Teñen como obxectivo, incorporar estes recursos territoriais de titularidade pública para o apoio de actividades de mellora medio ambiental, a través do cultivo de hortalizas, seguindo as pautas da agricultura ecolóxica.

Os hortos, teñen un importante valor social entre os seus participantes, xa que lles permite ocupar o seu tempo, favorece a creación dun tecido de novas relacións veciñais, mellora a calidade de vida mediante unha actividade física moderada moi positiva para a saúde, e aportan un alto valor ecolóxico para a cidade de Lugo, xa que convértense en novos espazos públicos nos que o horto é o protagonista.

Outros aspectos a destacar, son a súa función para vertebrar programas de educación na natureza mediante obradoiros e xornadas didácticas, deseñadas para todo tipo de participantes. Moi salientables neste senso, son as dirixidas a colexios e centros educativos que permiten os nenos e nenas coñecer o mundo rural e agrícola, e os principios tradicionais do seu manexo.

Brindan o mesmo tempo, unha función social de convivencia entre diferentes xeracións, pois as unidades didácticas que se levan a cabo nos propios hortos, facilitan a relación entre persoas de diferente idade e condición.

O espazo, consta de 150 parcelas de 30 m²; unha parcela de prácticas, e unha zona de semilleiros adaptados onde se cultivan hortalizas e verduras, plantas aromáticas e flores de tempada. Abundan os tomates, xudías, pementos, fabas, nabos, allos, cebolas, leitugas, acelgas, etc.

As plantacións de especies con floración estacional ornamentan as parcelas. As especies aromáticas e medicinais presentes, fan unha importante función na agricultura biolóxica, xa que contribúen á eliminación de pragas, repelendo ou atraendo cara elas os insectos parásitos – este é o caso do romeiro, que atrae o pulgón, e evita que vaia as hortalizas e verduras-, ademais de atraer os insectos polinizadores.

Pode solicitar un horto calquera persoa maior de idade que sexa veciño de Lugo ou dun concello lindeiro. Tamén pode solicitalo una asociación, fundación ou entidade legalmente constituída.

Podes obter o teu propio horto cando se abra o período de solicitudes.

Neste enlace tes a información que precisas:

https://www.deputacionlugo.gal/es/temas/medioambiente/hortosrato

Obradoiros

Formación aberta para todo o público.

Consulta aquí os próximos obradoiros.

Accede a todos os nosos obradoiros

Charlas

Formación técnica para os usuarios e usuarias dos Hortos.

Horario inverno: Xoves tarde de 16h a 18h

Horario de verán: Xoves tarde de 16h a 18h e martes de 12 a 14h

Lugar: Nos propios Hortos

+ info

Aprende con nós

Educar e facer que as cousas difíciles parezan fáciles.

Solicita a tua visita didáctica

Accede a material didáctico
Hortos do Rato en imaxes
Descubre o noso proxecto a súa xente
consello_hortos
O Consello de Hortos é unha canle de participación cidadá e dos propietarios dos Hortos para asegurar a xestión máis transparente do Programa

CLUB DEZ

Axúdanos a dinamizar a economía local.

Se tes un horto no Rato, solicita o teu carnet de hortelano/a e obtén un dez por cento de desconto en establecemos ou servizos prestados por profesionais da nosa cidade
Faite HORTOFAN

DOCUMENTOS DE INTERESE

Poñemos a vosa disposición recursos relacionados cos Hortos, e coa horticultura en xeral
Top