Consello de Hortos

consello_hortos
O Consello de Hortos é unha canle de participación cidadá e dos propietarios dos Hortos para asegurar a xestión máis transparente do Programa. QUEN FORMA O CONSELLO DE HORTOS? O Consello de Hortos está integrado por:
  • Presidente. O responsable último perante a Administración. Deputado ou técnico da Area de Medio Ambiente da Deputación Provincial de Lugo.
  • Secretario. O técnico responsable dos Hortos. (Coordinador)
  • Vogais. Dous membros resultantes da elección entre os usuarios das Hortas.
Dito consello reunirase semestralmente de xeito ordinario ou de xeito extraordinario a iniciativa da metade dos seus membros e terá as seguintes atribucións:
  1. Seguimento do funcionamento do Programa.
  2. Recollida de suxestións dos usuarios e propostas de mellora.
  3. Aprobación dos documentos ou guías de boas prácticas en relación ao uso e as labores desenroladas nas hortas.
  4. Aprobación dos plans de mellora sobre a xestión do terreo que busquen acadar un mellor rendemento dende o punto de vista da agroecoloxía.
  5. Calquera outra que xurda no desenvolvemento desta proposta.
Top